Porque boa falta vai facer. Explícome axiña. Non sei se para festexar que son de novo triatleta, motivarme, poñer un obxectivo ou por puro gusto e devoción, o caso é que esta semana inscribinme no Medio Ironman de Geelong (ó lado de Melbourne), o 7 de febreiro de 2010. 1’9km nadando, 90km bicicleta, 21’1km correndo. Esperemos que o gran Craig Alexander repita aparición logo da súa vitoria nesta proba o ano pasado, xunto coa elite de “cuchos de larga” australianos.
Tamén “por fin” un tríatlon de verdade, sen drafting (sen poder ir á roda en bici). Nunca tal cousa fixen, así que veremos que tal vai, sobre todo porque chegarei moi xusto de bici. Espero poder compesalo indo sobrado de ilusión por competir e rebenta-lo corpo, ano e medio despois do meu último tríatlon.
Non estarei só. David vaime acompañar. David é o outro rapaz da USC que está de intercambio en Sydney. Bo deportista, varias veces campión galego e mundialista en Vela, non se deixou guíar polos meus consellos e ante a dificultade para atopar xente coa que practica-lo seu deporte acabou metido pouco a pouco nisto do tríatlon. Como nas drogas, un comeza por algo pequeno, como correr suave, pero sen darse un conta as malas influencias vano levando ata camiños máis escuros, no seu caso ata mergullarse de cheo neste brillante mundo do trideporte.
Na foto podedes ver a “natureza finoréxica” que domina o biotipo de David, corpo de escalador colombiano ó máis puro estilo Fabio Parra ou Lucho Herrera.
A David, como lle gusta pouco adestrar, está que non para. Teño que paralo eu. Pero claro, tamén se fixo cunha bici, e xa que estamos, pois “haberá que aproveitar, facer un tri e debutar, non?”. Qué mellor que facelo nun medio ironman? Aínda é un bo globero, por suposto, un deses con clase que non se deixa facer un interior nunha curva pero que é capaz de caer varias veces nunha mesma saída por non ser quen de saca-la cala.
Aproveito para agradecerlle o moito que me está axudando a adestrar. Quizais non poidamos compartir moitos ritmos, especialmente na piscina, pero o simple feito de estar aí e quedar con el para ir adestrar vale un imperio. Cheers mate!
Xa para rematar, unha pequena anécdota. Semella que este tipo de historias só suceden cando se compra unha bici en Australia. Se vos lembrades, cando merquara a bici utilitaria, aquel vietnamita do norte preguntárame se montara algunha vez nunha bici de marchas. Boa pregunta. Esta vez o meu vendedor, Jason, australiano, subiu o nivel. Falando de que facía tríatlon e que viña do mítico “Northwest” (“Baskelands?”), de España…
- “E en España tedes piscinas para adestra-la natación?”
- …
Lo de las piscinas me recuerda a aquello de "e en Australia haberá Mac?".
ResponderEliminarCuando quieras ampliar tu flota de bicis avisa, tengo una en el garaje rosa y amarillo fosforita cojonuda.
Buen pedaleo, mate!! ;)
Home o tío xa saberá que "dos Pirineos para abaixo é África..." (Nacional socialismo patrocina o comentario racista da xornada)...
ResponderEliminarhosstia, ¿¿tas de broma ke ya te apuntaste en un medio ironman??
ResponderEliminarpues bien, suerte en este renacimiento como triatleta hermano
ah, la bici... pfffff, de puta madre chaval
Noraboa cuchiño! Canto tempo agardando poder ler algo asi. Todo está en marcha, todo marcha ben e nos sentimos moita ledicia. O mundo triatlético débeche moitos bós momentos que teñen que ir aparecendo.
ResponderEliminarEncantoume o primeiro parágrafo, es un fenómeno.
By the way, a vida é longa e seguro que temos tempo de matar ese gusanillo musical algún día. Patxín, Adrián e Juan teñen anos de vantaxe pero nós poñemos a ilusión ;)
Just 5 days mate!