miércoles, 4 de noviembre de 2009

Aussie Power Point



Esta é unha das cousas que máis me chamou, e máis segue a atraer, a miña atención. Tan simple coma diferente. Quizais non sexa moi difícil de adiviñar de que se trata, ou polo menos para os ollos adestrados de quen leva uns meses boca abaixo. Cando menos resulta curioso tanto a forma de tres patillas, coma os interruptores nos recunchos superiores que permiten tranca-la corrente aínda que se teña algo enchufado.
Tan simple coma importante. Tan simple coma simbólico. E a quen non lle pareza relevante ter enchufes nesta vida que levante a man, por favor. Enchufes, si, sexan reais ou figurados.

Falando de Power Points ou sockets, como lles chaman aquí, sabedes como se di "ter enchufe"? (Eu non o sabía)
- Have connections
E "por enchufe"?
- Pulling some strings (tirando dalgunhas cordas, ou como nós diriamos "movendo uns fíos")
Nesta entrada vou deixar tan só este pequeno detalle porque esta semana non hai moito tempo para escribir. Os dous derradeiros e traballosos assignments entran en deadline venres e luns que vén. Toca dá-lo arreón final do semestre. Aupa!

3 comentarios:

  1. Pobres Aussies, no conocerán nunca el significado literal de "meter los dedos en el enchufe"... (ya tienes un nuevo idiom para traducir y enseñarnos)

    ResponderEliminar
  2. los "outlets" británicos tbn tienen este (des/)activador de corriente.. en brasil, así como aki en tierras ibéricas, parece ke a la gente le gusta vivir un poco más peligrosamente

    ResponderEliminar
  3. E nótase que ti andas escaso de tempo con tanto choio que esta vez a entrada foi curta para todo o que nos gusta ler as túas vivencias.
    Gracias polo comentario.
    Achégase a data, xa sinto escalofríos!!

    ResponderEliminar