viernes, 27 de noviembre de 2009

Craig Alexander, mellor deportista australiano do 2009

O tríatlon en Australia non deixa de ser máis ca un deporte relativamente coñecido, ben respectado, pero con todo minoritario e pouco mediático. Non obstante a cultura deportiva que se pode respirar en parques e piscinas é impresionante. Quizais proba disto é a proclamación como deportista australiano do ano a Craig Alexander por votación popular (eu entre os que o votaron). (http://www.performerawards.com.au/)

Para a xente do mundo do tríatlon sobran presentacións. Para o resto, dicir que este ano gañou por segunda vez consecutiva o Ironman de Hawaii, o berce do tríatlon, a meca soñada de calquera triatleta que se prece(http://www.performerawards.com.au/index.php?option=com_content&view=article&id=80). Repetir vitoria só estivo ó alcance de catro homes en 32 anos de historia triatlética na illa volcánica. Ademais da preparación previa, en máis de oito horas de carreira pode pasar de todo e ese todo ten que ir perfecto para se-lo primeiro en recolle-las flores hawaianas.


As comparacións son odiosas, xa o sei, pero a miña reflexión é a seguinte. Que se pasaría en España se, non digamos Raña ou Noya que xa son “un pouco mediáticos”, pero se Eneko gañase dúas veces seguidas en Hawaii? Votaríao a xente para deportista do ano por riba de Cristiano Ronaldo, Fernando Alonso ou o crack de Nadal? Ogallá o poidamos saber algún día, aínda que creo que prefiro quedar sen resposta.

A expensas da hipótese, hai que dicir que aquí en Australia recoñécese o valor e a dificultade das vitorias de Alexander “The Great”. Vence e convence por diante doutros deportistas moitísimo máis mediáticos ca el que tamén estaban nomidados. O mellor de todo é quen o xulga: a xente común.

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. te acuerdas de la chica carioca que te comentaba, que conoci en el carnaval y con quien he mantenido un rollo de casi 6 meses, antes de llegar a Santiago el año pasado? pues ella participó en este ironman de hawaii. a veces me preguntaba si Livia era "solamente" un ser humano para aguantar aquello

    por lo que veo, no tardará tanto pa ke otro extraterrestre que conozco, disfrazado de humano, tome el camino del Pacífico Norte...

    ResponderEliminar