lunes, 30 de noviembre de 2009

Triatleta!

Longo foi o camiño, pero de volta estou. Volvo ser triatleta. Durante un bo tempo consoleime con ser un acuatleta deses que detesto en cada tríatlon. Canto desexaba ser un deses centos de ciclistas ou triatletas que vía cada día rodando por Centennial Park! Esta semana, por fin, merquei unha bici que me fixo sentir de novo ese pracer esquecido das pernas queimando. Queda moito por facer, por recuperar. Pasaron xa máis de oito meses dende que saíra voando cara aquel baleiro de felicidade no que caera. Saíra e caera, non saín e caín. Agora todo iso queda atrás, agás os meus fieis ferros e as cicatrices que trato de borrar. Pouco a pouco e a ir facendo callo no cu.

Porque boa falta vai facer. Explícome axiña. Non sei se para festexar que son de novo triatleta, motivarme, poñer un obxectivo ou por puro gusto e devoción, o caso é que esta semana inscribinme no Medio Ironman de Geelong (ó lado de Melbourne), o 7 de febreiro de 2010. 1’9km nadando, 90km bicicleta, 21’1km correndo. Esperemos que o gran Craig Alexander repita aparición logo da súa vitoria nesta proba o ano pasado, xunto coa elite de “cuchos de larga” australianos.

Tamén “por fin” un tríatlon de verdade, sen drafting (sen poder ir á roda en bici). Nunca tal cousa fixen, así que veremos que tal vai, sobre todo porque chegarei moi xusto de bici. Espero poder compesalo indo sobrado de ilusión por competir e rebenta-lo corpo, ano e medio despois do meu último tríatlon.

Non estarei só. David vaime acompañar. David é o outro rapaz da USC que está de intercambio en Sydney. Bo deportista, varias veces campión galego e mundialista en Vela, non se deixou guíar polos meus consellos e ante a dificultade para atopar xente coa que practica-lo seu deporte acabou metido pouco a pouco nisto do tríatlon. Como nas drogas, un comeza por algo pequeno, como correr suave, pero sen darse un conta as malas influencias vano levando ata camiños máis escuros, no seu caso ata mergullarse de cheo neste brillante mundo do trideporte.

Na foto podedes ver a “natureza finoréxica” que domina o biotipo de David, corpo de escalador colombiano ó máis puro estilo Fabio Parra ou Lucho Herrera.

A David, como lle gusta pouco adestrar, está que non para. Teño que paralo eu. Pero claro, tamén se fixo cunha bici, e xa que estamos, pois “haberá que aproveitar, facer un tri e debutar, non?”. Qué mellor que facelo nun medio ironman? Aínda é un bo globero, por suposto, un deses con clase que non se deixa facer un interior nunha curva pero que é capaz de caer varias veces nunha mesma saída por non ser quen de saca-la cala.

Aproveito para agradecerlle o moito que me está axudando a adestrar. Quizais non poidamos compartir moitos ritmos, especialmente na piscina, pero o simple feito de estar aí e quedar con el para ir adestrar vale un imperio. Cheers mate!

Xa para rematar, unha pequena anécdota. Semella que este tipo de historias só suceden cando se compra unha bici en Australia. Se vos lembrades, cando merquara a bici utilitaria, aquel vietnamita do norte preguntárame se montara algunha vez nunha bici de marchas. Boa pregunta. Esta vez o meu vendedor, Jason, australiano, subiu o nivel. Falando de que facía tríatlon e que viña do mítico “Northwest” (“Baskelands?”), de España…

- “E en España tedes piscinas para adestra-la natación?”

- …

viernes, 27 de noviembre de 2009

Craig Alexander, mellor deportista australiano do 2009

O tríatlon en Australia non deixa de ser máis ca un deporte relativamente coñecido, ben respectado, pero con todo minoritario e pouco mediático. Non obstante a cultura deportiva que se pode respirar en parques e piscinas é impresionante. Quizais proba disto é a proclamación como deportista australiano do ano a Craig Alexander por votación popular (eu entre os que o votaron). (http://www.performerawards.com.au/)

Para a xente do mundo do tríatlon sobran presentacións. Para o resto, dicir que este ano gañou por segunda vez consecutiva o Ironman de Hawaii, o berce do tríatlon, a meca soñada de calquera triatleta que se prece(http://www.performerawards.com.au/index.php?option=com_content&view=article&id=80). Repetir vitoria só estivo ó alcance de catro homes en 32 anos de historia triatlética na illa volcánica. Ademais da preparación previa, en máis de oito horas de carreira pode pasar de todo e ese todo ten que ir perfecto para se-lo primeiro en recolle-las flores hawaianas.


As comparacións son odiosas, xa o sei, pero a miña reflexión é a seguinte. Que se pasaría en España se, non digamos Raña ou Noya que xa son “un pouco mediáticos”, pero se Eneko gañase dúas veces seguidas en Hawaii? Votaríao a xente para deportista do ano por riba de Cristiano Ronaldo, Fernando Alonso ou o crack de Nadal? Ogallá o poidamos saber algún día, aínda que creo que prefiro quedar sen resposta.

A expensas da hipótese, hai que dicir que aquí en Australia recoñécese o valor e a dificultade das vitorias de Alexander “The Great”. Vence e convence por diante doutros deportistas moitísimo máis mediáticos ca el que tamén estaban nomidados. O mellor de todo é quen o xulga: a xente común.

martes, 24 de noviembre de 2009

Sydney, país de países

Baixei do avión e recibíronme no control cun “mate” puramente australiano e algo máis que non entendín, para variar. “Este país é único, xa o primeiro que che din é o seu famoso mate!”. Aussie, aussie, aussie…

Pois non.

Non fixo falta moito tempo para pensar se aqueloutro do aeroporto non sería o único mate do lugar. As seguintes persoas coas que tratei eran de Holanda, Portugal, Suecia, Italia, Francia, China…ata que voltei ver algún que outro canguro. Quixen asegurarme. Dei un paseo e cheguei ata os símbolos de Sydney: a Opera House e o Harbour Bridge.

A historia seguiu e pouco a pouco fun detectando situacións curiosas, como aquela viaxe entre indios e vietnamitas do norte para mercar a bicicleta. Ó mesmo tempo interrogábame en que país estaría. Evidentemente unha metrópole coma Sydney é cosmopolita por definición, mais escapábase ó meu entendemento tanta diversidade en tódolos sentidos.

Buscando polo piso cheguei a crer iso de que os australianos seica viven todos de camping. Só atopaba chinos, e non falo do centro da cidade ou de Chinatown onde se concentran maioritariamente. (por certo gran parte de Chinatown asentouse sobre a antiga “Españatown”. Case non queda nada dela. Había, por exemplo, un restaurante que era dos donos do Don Quijote [nas Galeras, en Santiago], agora en mans…¿asiáticas? O mundo é pequeno).

Nestas primeiras datas debutei na noite tamén. Saín na Darling Harbour, situada de par de Chinatown, un lugar con moito encanto.

Nin rastro dese país asiático no que estivera polo día. Só había europeos desfasados; moito “tuneo” feminino e “pavos moditas”. Se un quere saír en Sydney hai que ir, polo xeral, ben arranxado. Ah! E ter bastante pasta tamén, claro. Hai bastante “postureo”. As rapazas non o dubidan e van “full equipe” de vestido lixeiro (que marabilla de tempo vai) e tacóns interminables. Non é nada que me preocupe ou me pareza mal, nin moito menos. Aquela noite tamén coñecín unhas brasileiras que se delataban co seu propio ritmo. De cando en vez, iso si, algúns ollos riscados asomaban para confirma-la regra.

E na universidade? Xa contei como era o mix de Narrative Journalism noutra entrada. Agora un exemplo gráfico pero da clase de Dealing with the Media. Este era o cadro.

Faltan unha rapaza e un rapaz de Hong Kong e outro australiano. Logo, na foto: catro australianos, unha francesa, un kiwi, dúas holandesas, un alemán e os asiáticos, todos da China. O curioso da gran cantidade de chinos que estudan na University of Sydney é que non son “aussies” de segunda xeración, senón que veñen estudar ex profeso. Cría fama e bótate a durmir, dixéronlle un día á Universidade. E logo a cobrar ben cobrado. Para os que pensen que na China son pobres, dicir que están no certo por norma xeral pero que, por exemplo, este Master custa 25000 dólares (15000€) para estudantes internacionais (0€ para min que estou de intercambio). 15000 só para australianos. Así que…alguén con cartos na China debe haber. Por que elixen Australia?

Volvendo a casa pola longa rúa de Cleveland St., que está chea de restaurantes thailandeses, aínda que non tanto coma en Newtown (onde queda o meu supermercado), cavilei a miúdo na circulación pola esquerda que tanto desconcerto me creou. Porén, a marcaxe está feita en quilómetros.

Look left- Look right coma un pode ver en Londres, pero utilizan o sistema métrico dende xullo de 1974. Máis países implicados no minimundo de Sydney. Australia é filla de Gran Bretaña, por suposto. De feito aínda non son independentes na teoría. En 1999 celebrouse un referendo para convertirse en República e deixar de depender oficialmente da Raíña de Inglaterra pero aquilo de “se as cousas están ben ¿para que cambiar?” impúxose fronte ó que semellaba lóxica común de tornar nunha república. Pola esquerda pero en metros, nin contigo nin sen ti.

Cleveland St leva a Surry Hills, o suburb onde vivía antes, o máis cool de todo Sydney para xente nova.

Un bo lugar para xantar nun dos moitos restaurantes indios que se espallan pola zona. Os libaneses tamén son lexión a dar de comer na zona ó BYO Style (Bring your own, “estilo trae o teu”). De par deles o centro turco de Redfern, cunha entrada para homes e outra para mulleres. Zapatillas fóra. Redfern é o barrio anexo con merecida fama de conflitivo no pasado, hoxe refuxio dos poucos aborixes que quedan. Todo isto mesturado coas tendas máis fashion e os Hotel (realmente bares) máis clasicamente australianos e afamados de Sydney.

“En que país estou?”

Europa tamén cabida. Se un quere ir ó cine, Leichhardt é unha boa opción. É un feudo italiano 100%. Pizza-pasta á dereita e á esquerda. Os nosos vizinhos están presentes en Sydney. Seica hai un barrio enteiro portugués onde come-lo bacalhao e beber un Oporto (nisto aínda teño que investigar).

Por último, outro exemplo de confusión: a entrada de Centennial Park (un día falareivos con calma desta illa urbana de Sydney). Xusto antes de entrar no parque hai unhas pistas de tenis nas que un só ve trazos europeos detrás dos aramios que as rodean. A continuación hai pistas de basket, sempre territorio asiático. De par destas hai campos de netball (outro día explicarei o netball, aussie-sport), só con rapazas loiras. E, xusto ó lado, nun campo de herba, só indios ou amigos da redonda, xogando cricket, tamén moi popular aquí, cada domingo.


Ou polo menos iso diría eu, porque aquí como dicía esa canción da nosa infancia de porcos bravos “non todo é o que parece amigo”. Quizais aqueles asiáticos ou indios son australianos de toda a vida. Se ás veces é difícil poñer estereotipos, e moitos non nos sentimos a gusto con eles, máis difícil aínda resulta aquí.

Australia é o país dos emigrantes, o país é de todo o mundo, e Sydney, se cadra, é o mellor expoñente de todo isto. Neste vurullo cultural o que máis chama a atención e a orde e respecto xeral que impera. Non hai problemas nin se perciben. Agás cos aborixes australianos, pero esa é outra historia distinta da que algún día falarei.

O outro día coñecín un exemplo de acollida e integración. Mario, venezolano, leva dous anos vivindo aquí. Traballa nunha tenda de bicicletas. En Caracas tiña unha empresa de lámpadas coa que lle ía ben, pero a situación de violencia permanente e acoso asfixiante pola súa situación privilexiada dentro do país decidírono a abandonar a súa terra, “la verdad es que Caracas es ideal, buen tiempo, siempre verde en la montaña…” e a súa familia, repartida entre os Estados Unidos e Venezuela.

A morriña pódelle, pero “cambié el no poder dormir al escuchar tiros y más tiros cada noche por dormir a pierna suelta con la puerta abierta para que mis perros puedan entrar y salir cuando quieran”. Dende logo que non en todos sitios en Sydney se pode durmir coa porta aberta. Isto queda case reservado para a beira norte da cidade, onde Mario vive, pero si que é verdade que comparada coas grandes urbes europeas non ten nada que ver en seguridade. Porén, a “mala fortuna” golpea de vez en cando para simplemente aclarar que está ausente.

A historia de Mario ilustra e dá lustre ó carácter acolledor australiano e a capacidade desta xente para aloumiñar a quen o precise. Agora, por exemplo, a polémica céntrase na acollida masiva de refuxiados políticos de Sri Lanka ou Indonesia. Os laboristas, no poder, abren a man mentres a oposición liberal tenta pecharlles o puño.

Veñan ou non, a esencia desta mestura cultural continuará sendo a mesma; non ter que pertencer a ningunha cor ou tipo de ollos para integrase, porque aquí para ser igual hai que ser diferente. Esta terra de chegados seguirá aleccinándonos de como é posible convivir en paz por riba de calquera parvada de diferenza.

Así é Sydney, país de países.

lunes, 16 de noviembre de 2009

iPoditis' Ride

I stumbled and ran into someone when the crowded bus started again. I struggled to stand. I’ve just collided with a guy in his thirties, wearing old-fashioned sports clothes. He sneaked a look at me over his shoulder with unemotional eyes just for a second. As long as I was pulling my “sorry” out of my mouth he turned his automatic head back to nail his empty gaze beyond the window. He couldn’t hear me because I could hear the music shouting out of his headphones.

I found a seat next to a young attractive woman in her mid-twenties who was also using headphones. Her sensual and pouted red lips were suggesting me to have a chat with her, you never know where your life is going to drastically change, but it was impossible. Another gaze lost in the abyss said to me like the song: “no, no, no…”

I let myself slide on the seat and took it easy. One, two, three, four…I began counting until I got bored. I was looking at how so many people were plugged to their headphones. The bus was in silence, only a shy musical murmur moaned in the background.

It was a quarter to six p.m. and people went back home from work. They reminded me of Marx’s theory of alienation. You live just to work, all day long, all life long. When you get tired you can go home. They reminded me that the more people you live with the less you get to know. They also reminded me of the image that I once lived in London’s Underground from London Bridge to Greenwich. Nobody talks to nobody. And I became homesick of my little town where women gossip louder than the radio on the bus.

I also decided to throw away my spirit through the window and follow it with my eyes. Just to relax, keep me occupied and forget my homesickness.

The bus ran George St. As usual, it was busy, busy. People sneaking other people, people begging, people shopping and people, people, and more people listening to their headphones. I was going nuts. Even two guys were speaking to each other, (¿?) or moving their mouths looking to each other, without switching themselves off from their headsets, displaying a fatuous exchange. “What’s happening?”, I thought.

“What does it mean this headphone fever to our daily relationships?”

Robert Morrison Crane, an American scholar, wrote a thesis about the relationship between headphones used with portable audio technology, loneliness and social distance. Similar as I was feeling in the bus, Crane assumed that the use of headphones may prevent interaction and feelings of being connected to others. “Several theorists believe headphone use tends to alienate those around the user who are often put off from conversation”, says Crane.

It seems that people, including daily headphone users, think that sometimes feelings don’t need to be scholarly researched. “I think the use of headphones deteriorate daily life relationships, due to this “I don’t give a shit, I only care about myself and my music” attitude”, says Juan, student. He also points out that “headphones are a good “weapon” to escape from reality since you create a barrier between you and the rest of the world”. “Headphones can make you a little anti-social”, admits Alexandra, part-time worker. She believes that “if you don’t take your headphones off to interact with anyone, then you’re isolating yourself in a potentially dangerous way”. “You are completely cut off from the rest of the people around you”, states Ana, student. Álvaro, professional, considers that “earphones are a modern symbol of isolation”, he thinks that “human relations are more and more uncommon as time goes by” and from his personal experience he would say that “there is a link between the use of earphones and happiness”.

Crane went further in his thesis, because “this portable audio device serve to eliminate any fear, anxiety or discomfort a person might experience”. Headphones would be the perfect helmets to feel secure when riding a “society”. The use of these portable audio devices may separate individuals from others in life situations and this may result in feelings of isolation, such as social distance and loneliness. The conclusion of his thesis showed how social loneliness was found to be “significantly higher in the high users” of headphones compared to “low users”.

Although people recognise the potential damage to social interaction that the use of headphones could involve, eventually, they use them. And they play them a lot. Alexandra tends to use them when she’s travelling, “particularly on the train or bus”. It always brings her “great joy to listen to the music” that she likes. “It allows me some personal space on crowded public transport, and a sense of privacy”. Alexandra and Ana, both find headsets useful to focus on studying or just to think about themselves. Ana loves them. “I use headphones every day. While I’m studying, running, walking on the street and also in the bus or the train”, says Ana. “The music is very important to me and that’s the way to listen to it wherever and whenever”.

Juan, confessed “music lover”, prefers to listen to the music “coming out from loudspeakers”, however he uses them to study and recognise its “enormous versatility”. Alvaro, to confirm his own theory of the modern symbol of isolation, uses them when he feels “down, just to escape”. Teall, a media digital manager, also has its own theory. She thinks that “everyone turning out on iPods will affect art as long as people are no longer making art because they’re not interacting with their environments”.

The bus stopped. Those sensual red marshmallow lips ran away from me, maybe, forever. I took the window seat and looked outside. We were just in front of the magnificent and stylish Apple Store on George St.

By that time I had already realised that almost all of the headphones people were using in the bus were iPod earbuds. Each person on that bus makes part of the 173 millions iPod users in the world (February 2009 data). “Quality” and “design” are perceived to be its competitive advantages by interviewed users of headphones for this article, who, by the way, all use either iPod or iPhone. Is it a sheer chance that they all use iPod?

The success of iPod is indisputable. It is the absolute leader of the market: more than 7 out of 10 MP3 players sold are iPod. Nonetheless its sales have declined, dropping 8%, which accounts for devastating 10.2 millions sales in the last semester. Apple, far away from giving up, is trying to resuscitate the iPod market with its new model that adds radio and video camera.

The drop in sales of iPod is due to the recession but also the cannibalisation of its “big brother” iPhone. The phone sales grew a massive 625% from the same period one year ago, boosted by the new model. Nevertheless, to your ears, either iPod or iPhone use the same kind of headphones, what, after all, means an unstoppable “Ipoditis”.

The Californian company, Apple, is living in a world without recession, scoring one record after another. The tech giant has posted a quarterly net profit of $US 1.67 billion. The chief executive, Steve Jobs, predicted still greater results for the next year in the presentation of the new iPod model. “We’ve got a very strong line-up for the holiday season and some great new products in the pipeline for 2010”.

Looking back to these figures there is no doubt that the “headphone fever” hasn’t reached its peak yet. Doctors, especially audiologists, are already alarming of its invisible consequences, but it seems that they’re doing it with some broken down megaphones that nobody can hear.

The bus started again running down Sydney’s George St. I thought the bus driver had turned on the radio but I looked to my left and noticed where all that music came from. A young teenager sat next to me. His long dark curly hair impeded me from seeing his headphones, but sometimes your ear knows more than your eyes, unless you’re wearing headphones, of course.

I don’t know how many decibels his ears were withstanding at that time, but I can say too much. Hopefully for me, he was playing a smooth and sharp heavy metal that I enjoyed a bit despite the bad quality. Alexandra wouldn’t have thought the same. She finds this sort of behaviour “annoying, not to mention rude! Especially when you can hear heavy metal blaring out of someone’s headphones”. Juan feels “sorry about their hearing health” while Ana thinks that “they hurt themselves more than they disturb other people”.

Four years ago, thanks to the work of Dean Gartecski and his team at Northwestern University, USA, it was scientifically proved that MP3 players’ headphones could be potentially dangerous for your hearing.

Since its birth, iPod has revolutionized the way we listen to music. Batteries last much longer than Walkman or Cd players and the volume can be cranked up to 120db. Besides this, the use of earbud type headphones, preferred by music listeners, such as the white ones of iPod that you insert into your ear, “are even more likely to cause hearing loss than the muff-type earphones that were associated with older devices”, says Garstecki. “Insert headphones can boost the signal by as much as six to nine decibels”. This means the same difference that exists “between the sound of a vacuum cleaner and a motorcycle” explains Garstecki. The American professor gives us another option; the use of noise-cancelling headphones. “Unlike earbuds, noise-canceling headphones quiet or eliminate background noise. This means listeners don’t feel the need to crank up the volume so high as to damage their hearing”, says Garstecki. He points at a basic rule for a safe use of headphones: no more than 60 minutes over 60 percent of the volume a day. Maybe the use of common sense would also be helpful.

But this need of cranking up the volume is inside human nature. One of hearing´s main characteristics is its adaptability. Have you ever noticed when by the seaside that you ended up not hearing the waves? That’s the adaptability. Ray Hull, professor of the Wichita State University, USA, explains it: “A person can be listening at 60 percent volume, but then as the auditory system adapts to the intensity of the sound, the perception of the intensity is that it is becoming less, so the response is to continue to turn the volume up”. The perfect example for this situation is the use of headphones in busy city hubs, where the noise is around 90 decibels (loud is defined as above 80dB), and people crank the volume up to unhealthy levels.

Sadly, the problem is that you can’t realise that you’re losing your hearing until you have lost it. It is like frogs and boiling water. If a frog drops in boiling water, it will immediately try to jump out of it. However, if we put the same frog in tepid water and we progressively heat it up, the frog will boil alive.

Today’s teens are likely “frogs” for tomorrow‘s hearing loss. Researchers at Colorado University and Children’s Hospital in Boston, USA, led by Cory Portnuff, showed that teens not only tend to play music louder than adults, but they are often unaware of how loud they are playing it. “I honestly don’t believe that most people understand they are putting themselves at risk or at what level of risk”, says Portnuff.

Statistics confirm both the existing and the coming issues. “One in six people in Australia has a hearing loss, and with the ageing of the Australian population, hearing loss is projected to increase to one in every four Australians by 2050”, reports the Australian Hearing association.

The scientific explanation of hearing loss says that loud music and noise causes hearing loss by damaging hair nerve cells in the cochlea, a part of the inner ear that helps transmit sound impulses to the brain. Exposing them to extremely or moderate loud noise on a daily basis can cause permanent damage.

Brian Fligor, director of diagnostic audiology at Children’s Hospital Boston, USA, explains the risk: “If you’re using earbuds, and you turn the volume up to about 90% of maximum and you listen a total of two hours a day, five days a week, our best estimates are that the people who have more sensitive ears will develop a rather significant degree of hearing loss”. You won’t realise it, “this would happen only after about 10 years or so or even more of listening to a personal audio device” points out Dr. Fligor. Besides, “the amount of hearing loss might differ by as much as 30db between people who had the toughest ears and those who have the tender ones, a huge variation”. Unfortunately, audiology is not able yet to recognise who have the tougher and who have the tender ears.

Some cases, like one man in Louisana, USA, who sued Apple over the design of the iPod related hearing loss, may foretell what could happen in the next years. Europe is already aware of that, and prove of this is that they have set 100 dB as the maximum output of personal audio equipment. Last month, the EU’s Consumer Affairs Commissioner Meglena Kuneva said experts and industry will together draft tougher standards to limit hearing loss. “Action is necessary because there is cause for concern over health risks especially to younger people” Kuneva said. An EU scientific advisory body says that between 2.5 and 10 million Europeans could suffer hearing loss from listening to MP3 players at unsafe volumes, over 89 dB, for more than an hour daily for at least five years.

This would mean a large social cost to the society. Today, accordingly to Australian Hearing, hearing loss costs Australia $12 billion a year with almost 160.000 people not working because they can’t hear well enough. Obviously, iPod and headphones are not exclusively responsible for this problem.

Absorbed in my thoughts and iPoditis hallucinations, I realised that I had to get off the bus. Why was I so freaked out by the use of headphones?

I got home, opened the door and the answer was in front of me: my housemate, Taishi. I have not been able to have a good conversation with him even though we have shared the same house for two months. Yes, he was using his iPod, of course, with headphones on non-stop making communication impossible.

Some days later I forced him to pull them out and took advantage to ask him “why are you always using the headphones?” and he replied full of joy:

“I love music, man”.

martes, 10 de noviembre de 2009

Cash out?

- lasjdflkjasdlñghk – dixo a caixeira do supermercado

- ?¿?¿¿?¿?¿?¿ - pensei eu – mmm…

- kjdñlsakjfalsñkd – repetiu a caxeira de novo

- ?¿?¿?¿?¿?¿?¿ - e outra vez – mmmm….

Co tempo aprendín que dicir que non era unha resposta válida. Algo se me escaparía, non sei. Seguía sen comprender que me querían dicir tódolos caixeiros cando remataban de pasar polo escáner a miña compra. "Bah, será algunha promoción desas, whatever…" Eu a saca-los buckaroos do meu monedeiro e pagar, que con cartos vai un a sitio calquera.

Un tempo despois, logo dun tedioso proceso para poder recibir a tarxeta de débito australiana,unha savings, comecei a pagar con ela.

- Savings or credit? – dixo a caixeira

- Mmm….savings? – dubidei

- Ok, jalsdfñalsjflkasdjf?

- No, thanks

- Fajslñfkjasdfjfjals?

- No, thanks

Acertei de novo mais non entendín nada unha vez máis. Na pantalla do Eftpos, a máquina para pagar con tarxeta, apareceu escrito polo medio da transacción Cash Out e aí foi cando comprendín que dixera “cash out”.

Nada máis meter todo na mochila e na bolsa, as preocupacións do día a día, unhas cantas-moitas por aquel entón, amnesiaron a miña curiosidade e encargáronse de facerme esquecer aquel misterioso Cash Out. Cada vez que pagaba, “cash out” facía unha misteriosa aparición. Só un segundo na pantalla para logo do meu "non" fuxir inmediatamente.

Non tardei moito en cheguar a saber que unha das “asjdfñaslidfnak” era un programa de fidelidade do supermercado. Porén Cash out continuaba a ser unha incógnita. Días máis tarde apareceuseme nunha conversación reveladora para dá-la cara definitivamente.

Despois de saber o que era pensei "que burriño es, meu, se pensaras de vez en cando…”. Supoño que nós pasa a todos. Xa se sabe, o estrés do día a día, as présas…vale, xa paro de escusarme.

A ecuación era tan sinxela como: Cash= diñeiro en efectivo + out= fóra, se take out e pull out son sacar, cash out = sacar en efectivo. Pensando un poquiño non era tan difícil. Como dicía Iago Pico ante un exame de física, "pura lógica tío!"

Na conversa, preguntáronme/berráronme:

- Pero non sabes que podes sacar efectivo no supermercado? Pero si aquí a xente vai mercar un chicle ó supermercado só para sacar cartos!!

“Pois si, agora que o dis xa o sei”, cavilei.

E máis que o sei agora que comecei a traballar nun pequeno supermercado da cadea Spar, que está, por certo, a cinco minutiños andando da miña casa. Despois de dous días de training debutei oficialmente o sábado pasado ás 8 da mañá. Estou de caixeiro-repoñedor-charcuteiro. Atender todo o que se poida é a misión. Traballo a tempo parcial e dependendo da semana tocan máis ou menos horas, polo normal case todas elas na fin de semana.

Sydney é caro pero os salarios tamén se corresponden. Estas poucas horas, e tal e como está o cambio de favorable para os buckaroos, cunden moito. Ademais, a fin de semana aínda a pagan mellor, o domingo moi especialmente.


miércoles, 4 de noviembre de 2009

Aussie Power Point



Esta é unha das cousas que máis me chamou, e máis segue a atraer, a miña atención. Tan simple coma diferente. Quizais non sexa moi difícil de adiviñar de que se trata, ou polo menos para os ollos adestrados de quen leva uns meses boca abaixo. Cando menos resulta curioso tanto a forma de tres patillas, coma os interruptores nos recunchos superiores que permiten tranca-la corrente aínda que se teña algo enchufado.
Tan simple coma importante. Tan simple coma simbólico. E a quen non lle pareza relevante ter enchufes nesta vida que levante a man, por favor. Enchufes, si, sexan reais ou figurados.

Falando de Power Points ou sockets, como lles chaman aquí, sabedes como se di "ter enchufe"? (Eu non o sabía)
- Have connections
E "por enchufe"?
- Pulling some strings (tirando dalgunhas cordas, ou como nós diriamos "movendo uns fíos")
Nesta entrada vou deixar tan só este pequeno detalle porque esta semana non hai moito tempo para escribir. Os dous derradeiros e traballosos assignments entran en deadline venres e luns que vén. Toca dá-lo arreón final do semestre. Aupa!