Baixamos do bus cando o amable condutor en pantalón curto nos fixo o sinal. Había de ser por alí o sitio. Aprovisionado do meu mapa mental, sabía que a saída da carreira era na zona da baía. David maila súa capacidade de orientación e recoñecer sitios deixaron coma sempre da miña man o traballo de busca. “A verdade é que nin mirei no mapa onde quedaba antes de vir”, dicíame apretando os dentes coma quen está facendo forza sentado no escusado.
Íamos participar nunha carreira de 5 km que forma parte dun circuito de probas que se celebran entre semana en “after hours”, o que aquí quere dicir despois do traballo á tardiña. As carreiras non teñen carácter oficial. Sen saber moi ben o que atopariamos, alí fomos. Dende logo non tiña pinta de moi serio, pero con que houbera alguén con picarse e rebenta-lo corpo sería abondo. Polo demais aseguraban na páxina web onde o vira, coolrunning.com.au (o correrengalicia.org de Australia), que o circuito tiña unha medición precisa.
Fomos baixando ata chegar á baía. Nin rastro de posible evento deportivo ou similar.
- Sabe onde pode ser a saída dunha carreira?
- Nin idea
Tivemos que escoitar uns cantos "no idea" ata que por fin alguén nos soubo indicar, sen estar certo de que houbese unha carreira. Estabamos preto pero non quedaban máis ca 35 minutos para que comezase a carreira. Cambiamonos alí mesmo e fomos trotando para aproveita-lo tempo.
Chegamos “alí”.
- Ti cres que é aquí?
Diante de nós unha raias azuis sobre un campo de herba describían un anel de atletismo. Supoño que as raias indicarían a carreira "after hours" para o noso entender analóxico. Pero…se era alí a carreira, onde estaba a xente? Faltaban 20 minutos para o horario previsto para a saída. Vimos a un tipo en indumentaria de atleta falando con outro en chándal.
- Vós sabedes dunha carreira…
- Si, é aquí mesmo, somos os organizadores…
- ¿?
Non había absolutamente nada. Nin o mítico stand, nin dorsais por suposto, nin xente. Cunta interrogación debuxada na fronte puxémonos a quentar confiando na amabilidade daqueles mates. O ambiente foi animándose e xa eramos case 15 ousados corredores “after hours”. Que desfase! O hábito non fai o monxe e menos ó deportista, pero un coa experiencia que ten xa se puido dar conta de que alí non había grandes atletas.
Deron a saída con total puntualidade demostrando porque aínda gardan a bandeira de Gran Bretaña nun recuncho da súa (malia que estean a falar de cambiala polo absurdo que hoxe supón). A carreira tivo pouca historia. Púxenme diante e enseguida quedei só para gozar das costas que ofrecía un percorrido “very tough”. Desgraciadamente non houbo ninguén con quen bati-lo sable máis ca co meu pulsómetro. Todo foi segui-las frechas do percorrido e volver ó anel azul para completar un adestramento de 16 minutos e 46 segundos de calidade. Aínda tería que esperar un par de minutos para ver alguén aparecer polo anel.
Ó rematar compartimos uns zumes cos mates da carreira e un deles ofreceuse amablemente a achegarnos a casa, a darnos un “lift”. Que boa xente son estes aussies!
David invitou a unhas pizzas e eu dixen que podiamos ir ó Eagle’s Boys, de par da miña casa. Esta pizzería chama moito a atención porque está pintada de rosa. David, cansado de pasar por diante dela, non se daba conta de cal era o tal Eagle's Boys. Demostrando a súa peculiar capacidade para recoñecer sitios e orientarse dixo:
- O rosa dis?
- Si, o rosa…
Supoño que será a desorientación que provoca ver vehículos coma este, cando un roda tranquilamente por Centennial Park.
"E anda!"
Seica me chegan rumores de 8h semanais a pé?? E outras burradas que non veñen a conto agora. Se é certo teño que decirche que....NORABOA! Que animal, asi comezan a sair esas marcas.
ResponderEliminarSee U very soon mate!
entonces eres frecuentador de una pizzeria rosadita, la de los "chicos del águila"... hummm, no te estoy reconociendo chaval! jajajaja
ResponderEliminarOstiá! Agora xa ata gaña carreiras... a ver quen o atura en Australia... jaja. Noraboa fenómeno! See you in three days mate!
ResponderEliminarPero qué clase de engendro-cacharro es ese?
ResponderEliminarOs han invadido los extraterrestres y no os habéis dado cuenta...jajaja