martes, 10 de noviembre de 2009

Cash out?

- lasjdflkjasdlñghk – dixo a caixeira do supermercado

- ?¿?¿¿?¿?¿?¿ - pensei eu – mmm…

- kjdñlsakjfalsñkd – repetiu a caxeira de novo

- ?¿?¿?¿?¿?¿?¿ - e outra vez – mmmm….

Co tempo aprendín que dicir que non era unha resposta válida. Algo se me escaparía, non sei. Seguía sen comprender que me querían dicir tódolos caixeiros cando remataban de pasar polo escáner a miña compra. "Bah, será algunha promoción desas, whatever…" Eu a saca-los buckaroos do meu monedeiro e pagar, que con cartos vai un a sitio calquera.

Un tempo despois, logo dun tedioso proceso para poder recibir a tarxeta de débito australiana,unha savings, comecei a pagar con ela.

- Savings or credit? – dixo a caixeira

- Mmm….savings? – dubidei

- Ok, jalsdfñalsjflkasdjf?

- No, thanks

- Fajslñfkjasdfjfjals?

- No, thanks

Acertei de novo mais non entendín nada unha vez máis. Na pantalla do Eftpos, a máquina para pagar con tarxeta, apareceu escrito polo medio da transacción Cash Out e aí foi cando comprendín que dixera “cash out”.

Nada máis meter todo na mochila e na bolsa, as preocupacións do día a día, unhas cantas-moitas por aquel entón, amnesiaron a miña curiosidade e encargáronse de facerme esquecer aquel misterioso Cash Out. Cada vez que pagaba, “cash out” facía unha misteriosa aparición. Só un segundo na pantalla para logo do meu "non" fuxir inmediatamente.

Non tardei moito en cheguar a saber que unha das “asjdfñaslidfnak” era un programa de fidelidade do supermercado. Porén Cash out continuaba a ser unha incógnita. Días máis tarde apareceuseme nunha conversación reveladora para dá-la cara definitivamente.

Despois de saber o que era pensei "que burriño es, meu, se pensaras de vez en cando…”. Supoño que nós pasa a todos. Xa se sabe, o estrés do día a día, as présas…vale, xa paro de escusarme.

A ecuación era tan sinxela como: Cash= diñeiro en efectivo + out= fóra, se take out e pull out son sacar, cash out = sacar en efectivo. Pensando un poquiño non era tan difícil. Como dicía Iago Pico ante un exame de física, "pura lógica tío!"

Na conversa, preguntáronme/berráronme:

- Pero non sabes que podes sacar efectivo no supermercado? Pero si aquí a xente vai mercar un chicle ó supermercado só para sacar cartos!!

“Pois si, agora que o dis xa o sei”, cavilei.

E máis que o sei agora que comecei a traballar nun pequeno supermercado da cadea Spar, que está, por certo, a cinco minutiños andando da miña casa. Despois de dous días de training debutei oficialmente o sábado pasado ás 8 da mañá. Estou de caixeiro-repoñedor-charcuteiro. Atender todo o que se poida é a misión. Traballo a tempo parcial e dependendo da semana tocan máis ou menos horas, polo normal case todas elas na fin de semana.

Sydney é caro pero os salarios tamén se corresponden. Estas poucas horas, e tal e como está o cambio de favorable para os buckaroos, cunden moito. Ademais, a fin de semana aínda a pagan mellor, o domingo moi especialmente.


4 comentarios:

  1. Pero...vamos a ver...que ostia viene siendo esto? máis que as tuas vivencias esto ben parece unha tese doctoral.¿Donde están as chavalas australianas e as festiñas que te anduveche metendo?.
    Comenta cousas de interés mecagondios.
    Por certo si ves que tal mete de vez en cando algunha falta ou castelanismo,aínda que sexa aposta.
    Manuel

    ResponderEliminar
  2. Estoy muy de acuerdo con Manuel, no sobre las faltas (que al fin y al cabo ni me enteraría si las cometes), sino sobre esas aventuras erótico-festivas que tienes tan calladitas.
    Joder que has sido portada de una revista!!!! Si eso no vende, que me diga alguien qué necesitan esas universitarias!!
    salva

    ResponderEliminar
  3. A como anda a ristra de chourizos en Australia charcuteiro?

    ResponderEliminar
  4. Menos traballo e máis chinchetas! jeje
    Coma por ser traballador che farán prezo, a ver se nos vas mercando un bó churrasco de tenreira australiana ou de canguro para celebrar o fin de ano coma ten que ser.
    E a herba pas vacas!jaja

    ResponderEliminar