Por aquel tempo acababa como quen di de aterrar no Down Under, ou Australia para quen o prefira, e aínda estaba ben perdido. Circular pola esquerda non axudara demasiado a busca-lo camiño que conducía a normalidade. Máis ben diría que me puxo en perigo. Por sorte, na Universidade, unha man veu na miña axuda para sacarme do labirinto. Como se adoita dicir, hai que estar no momento oportuno, no lugar axeitado. E alí estaba eu.
Precisaba dunha sinatura da xefa do departamento de Media and Communications para autorizarme dúas materias que non estaban incluídas por error na miña preinscrción. Buscando con paciencia a porta da burocracia batín con Pam, a profesora de Dealing with the Media, á que por aquel entón só coñecía de asistir á primeira clase a modo de proba.
- Alberto?
- Ola! Que tal?
- Que fas por aquí? Podo axudarche?
Abraiado de que se lembrase do meu nome, acompañeina polo departamento adiante. Interesouse por min e falou coa xefa do departamento para que eu puidese vela. Seguiu movéndose e presentoume a outro profesor, Antonio Castillo, que me ofreceu coller a súa materia.
Con ese nome non tiña pinta de vir de Yorkshire e el mesmo encargouse de descubrirme a súa historia. Antonio é fillo de pais españois que tiveron que fuxir da ignominia franquista e da infamia da Guerra Civil. Antonio naceu e criouse en Chile para logo parar, non sei como nin por que en Sydney. El é unha desas persoas de nacionalidade mundial, cunha historia apaixonante, que abondan en Sydney, terra de emigrantes. Deixoume o seu contacto e ofreceuse para o que fixera falta. Pero a súa materia non me interesaba.
Entrementres, Pam, tamén filla de emigrantes italianos, seguía por alí preocupándose por min. Enseguida se decatara da miña indecisión á hora de elixi-las materias e do difícil momento no que me atopaba. Levoume ó seu despacho e fixo de nai por uns minutos. A súa materia estaba completa pero prometeume facer o que puidera para conseguirme un oco. E así foi.
Unha semana máis tarde, e grazas a ela, fun á súa clase de novo. Nada máis entrar pola porta, díxome:
- Alberto, teño que falar contigo ó que remate a clase.
Fiquei un pouco contrariado, “espero que non haxa ningún problema”. Ó remata-la clase explicoume que lle preguntaran no departamento se sabía dalgún “good-looking boy” para a portada do programa de materias da Faculty of Arts, a miña, e seica pensara en min.
- ¿Impórtache se lle dou o teu número á persoa que se encarga disto para que se poña en contacto contigo? Sen ningún compromiso, eh!
Claro, ningún compromiso, pero despois de como se portara comigo (e como se seguiu portando), non había ningún non que puidera valer.
Dous meses máis tarde o meu careto apareceu na portada dun libriño que se pode ver a diario nas mans dos estudantes, xa inmersos na elección de materias para o ano 2010. En canto Pam, a profesora, soubo da portada, non dubidou en mostrala a tódolos compañeiros de clase, provocando deseguido un hu-hu – ja-ja xeralizado, ó que ela tamén se uniu. “Évos unha festa!”, pensei.
Agora, coa vergoña xa superada, aí está a portada. Será unha simpática lembranza deste tempo en Boca Abaixo e unha boa lección da carambola que se agocha sempre naquel "momento oportuno e lugar axeitado".
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarOH YEAH! When the sentence "good looking guy" came out; Alberto shown up! 2 semanas alá e xa as tiña "rompidas" a todas. Isto é incrible! No matter where he goes... he just "break" them all!
ResponderEliminarI know you like it!
Moi boa historia! Gracias pola entrada!
PD: Suponse que a rapaza é good looking tamén?
Súponse que eu son good-looking queres dicir?
ResponderEliminarTodo isto recórdame que aínda non vin, e polo tanto aínda non me puiden rir, das fotos do voso desfile...
ResponderEliminarEstá claro que a beleza traspasa fronteiras.
ResponderEliminarPero aí hai maquillaxe a full ou photoshop a cañón. Eso si, mítica cara de Berto e mítica sudadeira.
Grande!
good looking si, pero con el peinado de "El Puma".....jajaja
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarhu-hu, ja-ja.. ¡¡hostia!!
ResponderEliminarpero la verdad es ke han publicado esta foto por cuenta de la mochila.. esta sí, una Jeep, muy good-looking