O que vén a continuación é un relato dun deporte novo. Algo que descoñecía. Eu crin que ía facer triatlón ou tríatlon pero resulta que fixen triathlon. Ás veces, as traducións dunha lingua a outra comportan un cambio de significado no concepto, que deriva moitas veces nos coñecidos “false friend”. Semella que algo similar sucedeu co termo “triathlon”, nado na fala inglesa, cando alguén o traduciu ás nosas linguas. Non sei quen foi o que quitou o “h” e puxo o acento (que tentaron quitar sen éxito do galego, para poñer outro en “tríatlon”), pero coido que se equivocaron. En francés por exemplo gardarono e xa puiden ver a diferenza cando estiven alí.
Agora vexámo-las diferenzas en Geelong: era de noite ó chegar a boxes, xa tiña a bicicleta posta e preparada do día anterior alí, tiven que achegarme con David en taxi, había máis de 1000 cabras (bicis de contrarreloxo) na zona de transición, que era sobre herba, a carreira comezaba ás 7 da mañá, o neopreno estaba permitido cando a auga estaba xa a 22º, etc. Nunca practicara tal deporte.
A natación tamén foi bastante novidosa. En primeiro lugar o nivel medio foi moi baixo. Neste deporte o nadar pouco conta. Non tiven problema para desembarazarme do gran grupo. Nin un só golpe agás contra as medusas que se apuntaron ó segmento da auga. Vaia bichos! Da primeira á segunda boia, e última antes de dirixirse de volta á praia, apareceu o sol de súpeto en fronte de nós. Non vía nada. A oleaxe tampouco axudaba a situarse e a segunda boia parecía estar nun limbo triatlético. Nadaba sen moito sentido nin rumbo, parei un par de veces e mesmo quitei as gafas pero non averigüei nada. Os tres que viñan comigo daban a impresión de sufri-la mesma cegueira. Ó final, non había outra e conseguimos chegar á boia e voltar a terra.
Despois de 23min e 45 seg de natación tocaba face-la transición a outros ritmos e agobios moito menores dos habituais. Á saída de boxes agardaban tres voltas de 30km (aprox.) sobre a bicicleta. O percorrido era moi plano en liñas xerais. Saín tranquilo e fun buscando sensacións sobre acoples e pedais a medida que cabras sobre cabras íanme adiantando. É incrible como anda a xente aquí en bici. Nótase que é triathlon con “h”. Comía, bebía e controlaba o pulso. Pouco a pouco a cousa foi mellorando e o meu ritmo mallado de 47 minutos por volta en cada unha das tres foi dando o seu froito. Fun remontando posicións ata ver que eu tamén era unha desas cabras. Nos últimos 10km formouse algo así como un grupo que complicou o respeto ás normas do drafting, era imposible gardar os sete metros regulamentarios. As pernas ían pedindo tregua nestes últimos compases da bici. “Machiño, aínda che queda unha media maratón, así que tómao con calma”, pensaba.
Baixei a corer con boas sensacións relativas, despois de facer 2h21min sobre a bici (media de 39km/h). Eran tres voltas de sete quilómetros. Na primeira fun pasando xente e cría que aínda tiña gas para acelerar. Non ía nada mal, a un ritmo de 3’52”/km aprox, pero ó chegar ó km9, cando ía correndo para facer 1h22min, o motor comezou a petardear. A fraqueza coincidiu cunha subida. Tomei un xel máis bebín un pouco no avituallamento. Malvivín coas pernas doentes ata o km13 aproximadamente e logo comecei a sentirme un pouco mellor. A pena foi que isto non se vira reflectido no ritmo, que ía diminuíndo. O pulso tamén baixaba, signo inequívoco do desgaste metabólico (que diría Diego). Só pensaba xa en rematar namentres os quilómetros se alongaban coma chicles.
Ó final 1h29min para completa-la media maratón. En meta, 4h17min de auténtica satisfacción persoal. 53º na xeral e 7º do meu grupo. Souben sufrir ó final e o resultado en relación ó adestramento que levo feito é moi bo. Gustaríame ter dado conta do ritmo a pé, pero non se pode pedir moito máis despois dun mes de adestramento, logo de tres semanas de vacacións. Non se pode ter todo.
Ademais quedei moi contento por David. Debutou ó grande. Fixo 5h13min, regulando moi ben durante toda a carreira e sen chegar baleiro á meta. Isto é algo moi difícil para alguén que debuta. Foi conservador e intelixente. Seguiu ó pé da letra os consellos que lle puiden ofrecer. Rematou cómodo e disfrutou a tope a proba que era o obxectivo principal. Bravo David!
Noraboa ós 2 "medios-Ironman"!
ResponderEliminarBoas Trillo !! Canto me alegra ler cousas coma estas !! Antes de nada, confesarte que son un gran fan dos teus posts. Alégranme as mañás no curro cando descubro algunha nova publicación.
ResponderEliminarO do 70.3 ... Sen palabras, xa sabes que ritmos coma eses para os mortais coma min son palabras maiores. Ir a 40km/h durante 90km non é unha sensación que moita xente poida experimentar. Asi que dende o outro lado de mundo mandoche a miña noraboa e os meus ánimos para que lles sigas a dar guerra ós australianos e cía..
Unha aperta moi forte.
David
impresionante!!
ResponderEliminarenhoraboa!!
por certo...despois disto non che cunde un zarautz?¿xD
Como voar nun Half con tan só un mes de preparación. Amigo, non querías un tema para a tese? Non o pode aver mellor.
ResponderEliminarDeixasme abraiado. Creo que te gañaches o apodo de Whitfield, agora xa te vas parecendo en algo.
Noraboa alberto. A cegueira na natación é simplemente pagar a novatada.O día abre sempre na larga distancia. Triathontotal tamén é con H.
ResponderEliminarNo se puede olvidar de que este también ha sido un debut pa ti, cuando nos referimos a esta modalidad de triat"h"lon, tan superestimada. He sentido la dimensión de tu esfuerzo y extenuación al leer lo del km9 del half-marathon... ¡joder macho!
ResponderEliminarAsí que, enhorabuena en este estreno nada menos que espectacular, Mr Iron-Kangoo-Trillo