O texto sobre Auschwitz, en inglés, que publicara a comezos deste blog, foi publicado en The Group online magazine. Esta revista na rede está editada en cada edición por unha persoa distinta que forma parte do grupo. Desta volta a edición correspondíalle o meu profesor de Narrative Journalism. Mark ofreceume colaborar con Grey na súa edición, que ten como tema as viaxes.
http://groupmag.blogspot.com/
Se queredes podédeslle botar un ollo a editorial que fai Mark Mordue, o meu profesor, nesta páxina principal.
Como el me dicía, basicamente trátase de links e é unha plataforma para coñecer distintas páxinas de xente que escribe. No meu caso pouco pode haber que interese para o mundo anglófono máis alá dun par de textos. De todos xeitos senta ben que se acorden do traballo de un.
http://groupmag.blogspot.com/2010/02/grey-story-by-alberto-trillo-barca-grey.html
Este é o link para o meu texto.
Noutra orde de cousas mañá marcho con David para Geelong. O domingo voltarei a senti-lo tríatlon de verdade.
Luuuume con eles!
ResponderEliminarAgardo que desfrutes no teu regreso a algo do que nunca marchaches. Será unha enorme experiencia que xa estou desexando poder ler aquí mesmo.
moitos ánimos dende a terra!