viernes, 30 de octubre de 2009

De portada

Por aquel tempo acababa como quen di de aterrar no Down Under, ou Australia para quen o prefira, e aínda estaba ben perdido. Circular pola esquerda non axudara demasiado a busca-lo camiño que conducía a normalidade. Máis ben diría que me puxo en perigo. Por sorte, na Universidade, unha man veu na miña axuda para sacarme do labirinto. Como se adoita dicir, hai que estar no momento oportuno, no lugar axeitado. E alí estaba eu.

Precisaba dunha sinatura da xefa do departamento de Media and Communications para autorizarme dúas materias que non estaban incluídas por error na miña preinscrción. Buscando con paciencia a porta da burocracia batín con Pam, a profesora de Dealing with the Media, á que por aquel entón só coñecía de asistir á primeira clase a modo de proba.

- Alberto?

- Ola! Que tal?

- Que fas por aquí? Podo axudarche?

Abraiado de que se lembrase do meu nome, acompañeina polo departamento adiante. Interesouse por min e falou coa xefa do departamento para que eu puidese vela. Seguiu movéndose e presentoume a outro profesor, Antonio Castillo, que me ofreceu coller a súa materia.

Con ese nome non tiña pinta de vir de Yorkshire e el mesmo encargouse de descubrirme a súa historia. Antonio é fillo de pais españois que tiveron que fuxir da ignominia franquista e da infamia da Guerra Civil. Antonio naceu e criouse en Chile para logo parar, non sei como nin por que en Sydney. El é unha desas persoas de nacionalidade mundial, cunha historia apaixonante, que abondan en Sydney, terra de emigrantes. Deixoume o seu contacto e ofreceuse para o que fixera falta. Pero a súa materia non me interesaba.

Entrementres, Pam, tamén filla de emigrantes italianos, seguía por alí preocupándose por min. Enseguida se decatara da miña indecisión á hora de elixi-las materias e do difícil momento no que me atopaba. Levoume ó seu despacho e fixo de nai por uns minutos. A súa materia estaba completa pero prometeume facer o que puidera para conseguirme un oco. E así foi.

Unha semana máis tarde, e grazas a ela, fun á súa clase de novo. Nada máis entrar pola porta, díxome:

- Alberto, teño que falar contigo ó que remate a clase.

Fiquei un pouco contrariado, “espero que non haxa ningún problema”. Ó remata-la clase explicoume que lle preguntaran no departamento se sabía dalgún “good-looking boy” para a portada do programa de materias da Faculty of Arts, a miña, e seica pensara en min.

- ¿Impórtache se lle dou o teu número á persoa que se encarga disto para que se poña en contacto contigo? Sen ningún compromiso, eh!

Claro, ningún compromiso, pero despois de como se portara comigo (e como se seguiu portando), non había ningún non que puidera valer.

Dous meses máis tarde o meu careto apareceu na portada dun libriño que se pode ver a diario nas mans dos estudantes, xa inmersos na elección de materias para o ano 2010. En canto Pam, a profesora, soubo da portada, non dubidou en mostrala a tódolos compañeiros de clase, provocando deseguido un hu-hu – ja-ja xeralizado, ó que ela tamén se uniu. “Évos unha festa!”, pensei.

Agora, coa vergoña xa superada, aí está a portada. Será unha simpática lembranza deste tempo en Boca Abaixo e unha boa lección da carambola que se agocha sempre naquel "momento oportuno e lugar axeitado".


lunes, 26 de octubre de 2009

Derradeiro trámite

Despois de evita-la súa sabotaxe, Even, o rapaz chino que pretendía que lle regalase 125 dólares, resultou ser pura amabilidade. Axudoume a instalarme e vendeume un cable para conectarme a internet (non hai wifi) polo “módico” prezo de 15 dólares cando na tenda custaba 19. Un choio.

O importante é que estou ben contento co meu novo lar en Sydney. Unha habitación máis grande, realmente enorme, mellor situado e pagando case unha cuarta parte menos que antes. Que máis podo pedir? Non podo atopar nada máis barato e menos onde está situado, en pleno campus.

É unha casa grande de catro habitacións, unha delas baleira e pendiente de reformas. No cuarto número 2 vive un rapaz do sur da India, Pompa, (evitémo-lo chiste fácil e todo aquilo que rime con 5, mentes sucias! É boa xente) estudante de PhD, algo así como a tese, en Ciencia Animal. Na 3 servidor, co baño ó lado da porta. Nada de luxo, todo de decencia. Na cuarta habitación está VJ, de Singapur, estudante de Master en Finanzas e comercio. Tamén semella ser boa xente. Os dous son vexetarianos, eu son o único raro que come carne. Quizais por iso a nosa cociña pareza un incrible bazar de especias de tódolas cores e especialmente olores.

Pero…sempre hai un pero, din. Logo de tanta satisfacción e tranquilidade por cambiar, e por facelo para mellor, quedaba por resolver un derradeiro trámite. Devolve-las chaves e recuperar a fianza. Con toda a con-fianza dirixinme a miña antiga casa.

A caseira, unha rapaza china de arredor de 30 anos, agardábame na que fora a miña habitación. Como diría miña avoa, o cuarto estaba limpo como o coral. Nada que ver co eu atopara, by the way.

Pero o discurso chino voltou a soar. Volta e reviravolta. Volta e dálle, e dálle e volta. Volta e reviravolta…

- Pero, a ver, dime o que queres por favor, non lle deas tanta volta. Be clear, please!

Evidentemente non me quería dar un bonus por ser tan marabillosamente limpo. Ademais, claro, eu puxera un gancho de pegar na parede e iso “ía contra as normas”, dixo ela. Pregunteille se tamén iría contra as normas que pegase na parede unha televisión de plasma en HD e a deixara no cuarto, pero ela respondeu que “non se pode pegar nada nas paredes”. Como lles gusta dicir aquí en Australia: It’s the law. É a lei.

A miña paciencia accionou o modo conta atrás. Polo gancho e un restos de pegamento de cinta illante que quedara na porta do balcón pediume, despois de eu ofrecerlle 10 e rirse de min, 50 dólares (30€) dos 400 da fianza. A outra excusa foi a de ter “vivindo” xente na casa sen permiso, nada máis lonxe da realidade. Así lle informaran os seus colegas da Stasi-Cleveland Street, de alias “Everybody in the house”. Isto tamén ía contra as normas.

- Arbelto, estás mentindo, por favor, “everybody in the house” díxome iso…

Negouse a dicir o nome de “Everybody”. Farto xa, e logo de case media hora de discusión, díxenlle que non quería discutir máis. Nin tiña porque nin me apetecía.

- Eu douche as chaves e ti, 350 dis, non? Pois ti dásme os 350 e eu as chaves. E acabouse.

Estendeu os seus dous brazos cara min e abriu a man esquerda para recibi-las chaves. Dinllas e avanzou a súa man dereita cos cartos. No intre no que eu ía agarra-los plásticos australianos, ela habilmente fixo o movemento da cobra co seu brazo e retirounos do meu alcance.

- Te-lo recibo da fianza?, díxome.

Comecei a poñerme un pouco nervioso. A violencia física petou á porta dos meus miolos. Sentinme só e impotente, moi lonxe da miña casa. "Menuda emboscada". Tras discutir un pouco máis, chamou por teléfono. Por primeira vez entendín algo de chino, preguntaba se precisaba forzosamente do recibo, o cal eu nada tiña porque darlle, ou que outras opcións tiña.

Botou un anaco ó aparato.

Finalmente valeulle coa miña sinatura “recibín” acompañada do meu número de pasaporte. Expliquei ben claro xunto do meu garabato, aínda que non valera para nada, que non recibira os cartos que me correspondían. Collín os cartos e calmeime.

Para rematar a miña fatigosa estadía naquela casa dirixinme a ela con profunda seriedade e voz ferida no orgullo pero firme. Espeteille ás claras o que eu pensaba. E xa que estaba, intentei facela sentir un pouco mal para que polo menos reflexionara un momento sobre a verdade e a realidade daquel lugar. Non se trataba de querer pasar por un tipo duro, mais era o mínimo que podía facer para compensar un pouco toda a mala ostia e malos momentos que o 288 daquela longa rúa me provocara ata o último intre.

sábado, 24 de octubre de 2009

Narrative Journalism

Escribir, e facelo en inglés. Iso é o que conta en Narrative Journalism do Master of Media Practice. Os primeiros días de clase pensei se non estaría poñendo o carro diante dos bois, como din pola terra de meu pai. Mentres o inusual ceceo inglés escorríase polos beizos de Mark, o profesor, eu perdíame tratando de descifrar o seu código anglo-ceceante. “Será o acento australiano, claro”, pensaba. Mais non.

Mark, alto e delgado, de longas pernas e brazos eternamente cruzados, explicaba en que consistía a materia con aire relaxado. A súa vestimenta xuvenil matízase polas súas longas canas lamidas por unha vaquiña. A súa barba frondosa malamente deixa escapar o vurullo de ces que sae pola súa boca, alimentada por esas patacas fritidas que lle gusta tomar despois do break que facemos no medio da clase. Take it easy, mate! Para confirmar a súa relaxación, en canto o tempo mellorou, non dubidou en sumarse ó máis puro australian style que un pode observar polo campus e apareceu pola clase con pantalóns piratas e chanclas. O seu estilo é realmente cool.

Despois de tres meses con el, podo dicir que é un bo profesor, cun aspecto, iso si, particular e moi distinto a ese estereotipo de profesor que nós temos na cabeza. O mellor de todo é que trata ós alumnos como persoas adultas, algo que escasea na universidade española, que semella ás veces estar pensada para nenos ós que lles hai berrar. (nalgúns caso non teñen máis remedio os profesores, tamén é verdade)

Por se o profesor non fose curioso dabondo, os alumnos completabamos a faena nesta clase mundial. Dúas holandesas, un indio, catro australianos, cinco chinos, unha singapuriana, un alemán e un de Portor de Abaixo. Cada un de seu pai e súa nai, con acentos totalmente diferentes, algúns dificilmente comprensibles. Especialmente o do alcumado "Chino-metralleta", un auténtico personaxe que disparaba palabras en troques de falalas.

Pasaron un par de semanas e seguíame cuestionando que pintaba alí. ¿Como ía poder eu comparar o meu nivel de escribir en inglés con Bevan, australiano, 40 anos de idade e 12 anos de gravata e traxe na industria do libro? Afortunadamente, a quen non ten cualidades sempre lle queda ser traballador.

A rutina da clase consistía en traer lidos unha serie de textos que están compilados nun Reader, que hai que comprar na fotocopiadora da universidade. Os textos están divididos por semanas. Hainos que, como dicía, ler de antemán para logo comentalos na clase. A selección de textos de Narrative Journalism foi boísima. Fíxome ler moitas horas de boa literatura en inglés, e de seguro que foi un paso adiante.

A atención nas primeiras semanas centrouse en como vender un artigo propio, o pitching. Como escribir a un editor e convencelo de que podes facer un bo traballo freelance para el. A avaliación serían tres pequenos textos de entre 150 e 200 palabras sobre un mesmo tema, pero pensandos dende tres ángulos e xéneros diferentes, para tres publicacións distintas. Eu fun pola sombra e busquei un tema de deportes que puidera resolver facilmente. Optei pola derrota de Armstrong no Tour e as súas vertentes; perda de liderado no equipo, a cara amarga do fracaso para o campión e as variacións na preparación. Non foi complicado atopar publicacións nas que puidera ter cabida o tema. 8/10, checked!.

Voltando á clase e comentando os textos, as preguntas de Mark sucedíanse:

- Alberto, que pensas ti logo deste texto?

E veña a falar, ou esbardallar segundo fora o caso, mentres a miña vergoña inglesa agonizaba de morte. Non había máis remedio. Cantos “non sei como dicilo” terán saído pola miña boca nesa clase. O caso é que pouco a pouco funme afacendo.

Despois desta primeira época pasamos ós xéneros, gran bloque da materia. Cada semana recibíamos no e-mail os textos de 1500 palabras de dous ou tres compañeiros. Había que imprimilos e lelos, e facer anotacións sobre o que nós pensabamos, puntos fracos e fortes, para logo debater na clase xunto co profesor. Logo de ser comentado na clase cada un tiña unha semana para editar e mellora-lo texto. Workshop chámanlle a isto.

Mark tamén entregaba a súa copia con anotacións. Criticaba moito pero de xeito construtivo e equilibrado, sen deixar nunca de ser politicamente correcto. Resultou ser unha experiencia interesante e produtiva. Este workshop é outra das virtudes desta materia. Un ten feedback do que fai, namentres que moitas veces en Santiago un escribía para o aire e o único que recibía a cambio era un número espido.

Cando chegou o meu turno do workshop alí debatimos o meu texto de Grey durante media hora e abofé que disfrutei. Supoño que tamén porque os comentarios foron positivos en xeral. Así se reflectiu na nota, un HD (High Distinction), a mellor posible.

Agora resta unha semana de clase e o segundo gran assignment, no que estou a traballar, con deadline (como din aquí) o 6 de novembro. Trátase doutro artigo que hai que escribir nun xénero diferente do primeiro que fixera, pero neste caso de 2500 palabras. Chégalle ben.

lunes, 19 de octubre de 2009

Memoir


Grey

The old bus departed for Auschwitz-Birkenau concentration camp. My heart sped up as the coach did. My usually rational personality disappeared. The emotional took over the Perceptive soul, and strange feelings danced inside of me as before the beginning of any important event in my life. I was becoming anxious.

“Why do you want to go to Auschwitz?” My mother had asked me before I left home.

I calmed down. The sixty-minute ride allowed me to rest and reflect on the nightmare that over one-and-a-half million people who were tortured and murdered there lived. I reflected on all that I knew; what I’d read and what I’d watched. O violin de Auschwitz, Schindler’s List, La Vita é bella, documentaries, history books, photography exhibitions…and also on the lovely and innocent story of the escape of “Daagen” and “Sjoberg” that I made up when I was 12 and which had given me the first prize in the primary school literature contest.

My friends and I got off the bus. It was grey and foggy. A cool breeze went through the mist directly to our bones. The dull weather of that morning seemed to portray the human wickedness, which once ruled there.

“How could the sun shine here?” my friend Jairo joked.

Maybe he was right. Perhaps, the ambience had to be greying and faded, much like the level of the intelligence that ordered the genocide. It could be that it doesn’t deserve to be heated by the sun. Or should the sun as witness of what happened illuminate us? Either way, the deep shadow on the history, which Auschwitz represents, blocked the sun that morning.

In front of us was a little bookshop and café, selling Auschwitz ornaments and photographs. My five friends and I were told to wait there. Another 50 people waited with us.

“It smells like death…don’t you think?” my friends kept on kidding. They’d soon stop doing it.

Somebody came to organise the guided tour. Coloured stickers, tour groups, and an English-speaking guide. Done. Ready. The horror show could start. Lights off!

Arbeit macht frei. Work shall set you free. First slap in the face before entering the camp. This is written on the arch over the entrance gate. Going under the demagogical sentence, we walked into the Auschwitz I Konzentrationlager and a feeling of guilt hit me. Why should I feel responsible?

Auschwitz I came to be the largest extermination camp for European Jews and other ethnic groups’ citizens who were forcibly resettled here,” said our guide. The camp looked good. Long streets perfectly lined up, separated by high-security barbed-wire fences. Unfortunately, it would have been impossible for “Daagen” and “Sjoberg” to escape from here. The design is excellent, very German. The efficient murder machine didn’t work by chance. The Endlösung, the final solution, needed a great plan.

“The Nazis were thorough. They planned everything,” the guide corroborated.

Nowadays, this area of the camp is used as a memorial museum. They have allocated several buildings for this purpose. Some rooms in these buildings just recreate the life of the German people who worked in the camp. Others gather traces of the horror.

It is commonly said that one death is a tragedy and a thousand are just a statistic. In Auschwitz, to the contrary, a thousand deaths make you shudder. When your eyes see behind glass a space of the size of your apartment filled up with human hair, another one with spectacles, one for suitcases, one for shoes, or another one with children’s shoes, and everything else that everyone had before getting to the camp, your soul has already burst into tears.

The silence in every room became the leitmotiv. You can only hear hushed murmurs, feel your heart beating and smell the sadness floating up in the air. My friends and I glanced at each other. The sight, again and again, told us everything. The exchange of information with my friends was constant and without end. Small movements of eyes, a raise of someone’s eyebrows, a sigh, and, ashamed of ourselves, we fixed our gaze again beyond the glass.

Every prisoner who arrived to the camp was stripped of his belongings. Then, they got their hair cut and if they had any gold or silver teeth these were removed too. Human hair was used to produce carpets. Gold and silver teeth fed the industry of the war. Their clothes, suitcases and shoes were also recycled. The rest found after the liberation by the Russians in January of 1945, is gathered in these rooms.

We headed out into another building. The guide stopped the group. She showed us one execution wall, which now had many flowers. It was in between two edifices. One of them was the experimental centre for doctors. Female prisoners, especially those who were pregnant, were used as lab rats. The expressions on everyone’s face hearing this were a mirror of their souls. The guide warned us, before getting into the other building, that it could be too dreadful. Even more than what we’d already seen? Yes, it was.

We stopped in front of one door. The guide opened it. Darkness and cement inside. This nine-square-metre room was a “bank”. I was just next to the door and unconsciously stepped back when I saw the darkness. Then, the guide spoke: “In this blind room up to ten people were locked for ten days. No food, no light, no water. On the tenth day, the Nazis opened it. Obviously, everyone was dead.” I wish I could find a word to describe the ineffable feeling that crawled up my spine. Does something more terrible exist?

Next door there is another torture room. Three little spaces of about one square-metre where two or three people had once huddled. “After one hour-and-a-half or two hours, they died of asphyxiation,” stated the guide. I realised that my friends weren’t kidding around anymore since the infamous entrance gates. An older woman in the group was crying her eyes out.

We left and headed to the scars of Auschwitz II, also known as Birkenau. On the way, we saw a crematorium oven, the only one still conserved exactly as it was. There were four of them. Innocents were carried and piled up before being burned. The gaskammer, gas chamber, had already provided the prisoners with the eternal shower. The flowers, also there, try to heal the injuries of history. My mind was still in shock, thinking of the blind room.

The four gas chambers were capable of killing two thousand people at a time. Now, there is only one, which was reconstructed for the memorial. The Nazis tried to destroy any kind of evidence when the Russian army got close. The gas chambers were the most obvious evidence of the massacre; they were dismantled before the Russians arrived. Auschwitz II finally became a graveyard of chimneys in the vast, flat camp where there were, in the sad days, over 300 barracks.

We crossed the railway, which crossed through the middle of the camp, and we arrived to the few barracks still preserved. They were about 30 metres long and 10 metres wide and three high. Triple bunk beds of wood filled the room. There, I thought about the films that I’d seen, everything was the same but without actors. The guide explained us the unhealthy and inhuman circumstances in the barracks where the region’s extreme climate offered winters below zero and summers over 40.

Next to them were the latrines. It consisted of a 40 metres long and one-metre wide “table” of cement with two holes of the size of a pizza every fifty centimetres. Below the holes was a depository. “The prisoners could use them twice per day, about 40 seconds every time,” said the guide.

Someone asked: “What if they were needed at other times during the day?”

The guide didn’t answer. She just closed her eyes and squeezed her lips. She breathed deeply.

“Look down through the holes. It was full of crap. The kids had to clean it from inside it. They sang songs to escape from reality,” said the guide. My restlessness was making me feel ill. I had goosebumps. My friend Antón went out of ‘the bathrooms.’ “This is too disgusting. I just can’t anymore,” said Antón.

We had some spare time to get to the little tower with a 360-degree view. The railway goes through below. This tower saw trains coming from all Europe. They were full of deceived innocent Gipsies, Poles and Jews. They had been promised a better life. By the time they got here, they were aware of what was going on. Some of them were already dead because of the long journey of one to two weeks, where they were given only water sprinkled through the slots of the wagons.

My friends took some pictures from the top of the tower. I leant my elbows on the windowsill and let my gaze get lost on the horizon where the railway disappeared.

sábado, 17 de octubre de 2009

Trucos orientais

Xa era tempo tamén de ter unha bicicleta para moverse por Sydney adiante. Hai que aforrarlle minutos ó día e cartos ó transporte público que é escaso. Só pasan dous autobuses cada hora para poder ir dende Surry Hills, onde vivo, ata a Universidade. Pouca cousa para unha cidade coma Sydney, que bota de menos unha rede de metro potente. O sistema de City Rail, de tren da cidade, non está mal debido ás grandes distancias que hai que salvar, pero un metro sería máis conveniente na miña opinión.

O sábado pasado buceei un pouco por Gumtree, a páxina web para atopar dende casa ata calquera cousa que se che ocurra en toda Australia, e atopei unha bici que podía valer. Contactei o anuncio e o día seguinte alá fun, a Parramata, alí onde remata a baía de Sydney, alí onde se fundou a primeira colonia rural de Australia en 1789. Tras media hora de City Rail cheguei a estación-centro comercial de Parramata, un lugar realmente multicultural no que un, sinceramente, non sabería dicir en que país do mundo se atopa.

Alí conseguín encontrarme co rapaz que vendía a bicicleta. Un vietnamita do norte. Unha cita a cegas sen libro nin rosa vermella, só cun pequeno negocio polo medio. Non viña sobre rodas. Levoume ata a súa casa, un gran edificio novo de moitas plantas situado no medio dun solar. A mole de cemento contrastaba como negro sobre branco con tódalas casiñas de dúas prantas que se espallan como mermelada sobre a gran torrada que é área metropolitana de Sydney.

Despois de ametrallarme a preguntas polo camiño e de contarme a súa historia de amor con esa amante que nuns minutos ía cambiar por tres papeis, chegamos ó garaxe onde estaba a bicicleta.

- Podo probala?

- Adiante, por favor

Aí montei, malamente, e din unha pequena primeira volta. “Ummm…non sei, isto carraquea un pouco”, pensei. Voltei cara el e despois de recoñecer claramente a miña faciana de globero (novato ou inexperto no argot ciclista) fíxome a pregunta do millón:

- Móntaches algunha vez nunha bici de marchas?

Coma quen se dun sueco se tratara, din media volta coa bici despois dun calado “yes” que me escapou por debaixo do nariz, e seguín probando a máquina mentres meneaba a cabeza de lado a lado entre diversión e incredulidade. Concentreime na bici, non creo que aguantara un Tour de Francia, e éme un pouco pequena, pero para moverse por Sydney adiante ben podía valer. 150 dólares era o prezo fixado no anuncio.

- Mira, – puxen cara de circunstancias e de facer un inmenso favor – eu vendo como está, sinceramente podoche dar 110, non máis. Ademais non quero o casco que me ofreces, xa teño un.

- Eu diría 140, dixo sen moita credibilidade

- 110, de verdade, non vale máis

- A ver – esquivou a miña mirada, ollou cara o chan e tocou o piano na súa perna – e se o deixamos en 120?

- Co candado e o bombín?

- Si

- Trato feito

Esta é a bici.

Non foi un mal releo pero aínda me queda moito para estar á altura dos meus mestres. Subimos ó seu piso para realiza-la transacción e para que me dera os papeis da garantía da bici. No ascensor continuou a súa batería de preguntas para saber esta vez canto pagaba eu de piso. Cando lle dixen a cantidade explícoume o que tiña que facer coma se de meu pai se tratase. Que boa xente estes orientais.

- Ti aluga-lo piso enteiro, e despois enches as habitacións cobrándolles máis ós que veñen vivir contigo, que che pagan o piso practicamente. Eu comparto habitación con meu irmán e así vivimos por uns 50 dólares á semana. Claro, te-lo risco de que se non atopas xente, tes que pagar ti todo.

Un tipo arriscado. A especulación pura, tipos arriscados. Quen dixo que o aloxamento en Sydney era caro?

O segundo truco oriental foi aínda mellor. O rapaz chino que deixa a habitación para a que vou ir eu ensinouma esta semana. Cando lle fun dicir antes de marchar o seu merecido “thanks, see you”, el reclamou a miña atención de novo. Non entendín por que. Comezou a falar consigo mesmo dando reviravoltas sobre un tema que eu non acaba de comprender. Ademais, o seu macarrónico e incomprensible acento de melodía chinesa complicou a comunicación. O discurso chino, e isto está comprobado en diversos estudos, ten forma de espiral, nunca din nada de forma directa porque na súa cultura isto está considerado de mala educación. Hai que ir á volta.

Ó final, tras varias preguntas cheguei a comprender do que se trataba. Resumíndoo, ó incumplir el a duración do contrato de arrendamento tiña que pagar unha penalización de 250 dólares e ofrecíame que colaborase e compartise á metade o gasto, xa que eu “obteño un beneficio da súa marcha”. Seica era o máis xusto pola miña parte que lle pagase a metade da penalización. Mira ti.

Afortunadamente, aínda que puxo cara de ONG, o meu nivel de candidez superou esta proba. Intentei facerlle comprender que eu non tiña nada que ver coa súa decisión de marchar a vivir a outro sitio e que, polo tanto, nada lle tiña que axudar a pagar nin compartir. Mais foi imposible. Mellorou a oferta e deixouna en 100 dólares.

- Non home, non che vou pagar nada, non teño ningún porque, síntoo.

- Polo menos pénsao.

E se colara, colaba.

viernes, 16 de octubre de 2009

Culleres voadoras

Non foi sen tempo isto de comeza-lo blog. Saltando a parte excusativa polo retraso do prometido, que non deixou de ser débeda, e indo directamente ó gran, escribirei a primeira entrada destes contos á reviravolta cunha pequena historia de fenómenos paranormais.

De todos é sabido que o Hemisferio Sur alberga unha serie de características propias e inusuais tales como a dirección na que xira a auga cando se escorre polo lavabo ou se perde polo retrete abaixo. Australia é, no que levo coñecido, un continente fascinante que difícilmente deixa de sorprender. Porén, nunca pensei que me faría alucinar de tal xeito cunha historia como esta.

Para poñervos en situación, estou vivindo nunca casa con tres persoas máis. Compartimos unha cociña decente, cómoda e práctica, e un baño para tres. A cuarta persoa vive na planta de abaixo, onde está tamén a cociña, e ten un baño para ela soa.

Un día da semana pasada baixei a almorzar á cociña. Cos ollos entreabertos e co meu corpo en modo automático collín o Nesquik (aquí non vos hai Cola Cao), mel, un kiwi…fun colocando todo encol da encimera que hai para cociñar, e fun polos cubertos. E as culleres? Nin grandes nin pequenas, nin no caixón “Cutlery drawer” nin no escurridor do fregadeiro. Non había ningunha. Ningunha das aproximadamente, polo menos, 4 e 4 que había cando eu cheguei aquí.

Pensei, “estache ben, hei almorzar cos pauíños chinos, son coj..para toma-lo leite ou para o kiwi tamén, ademais untan nas torradas que dá xenio velos.” Xenio pero do malo foi tamén o que comezou a eruptar pola miña boca. Subín as escaleiras para ver se había alguen pululando e preguntar, co meu típico bo humor das mañás, por se sabían dalgunha culler. O xaponés xa marchara. Despois de erguerse as 5.30 da mañá coma tódolos días, de limpar meticulosamente a súa habitación e de facer tódolos seus “lots of assingments” supuxen que iría xa na clase. (Ah, perdón esquecinme de “e de toca-lo carallo coma sempre”, pero iso non queda bonito escribilo). De tódolos xeitos non era moi sospeitoso de te-las culleres no seu cuarto. A palabra culler non existe no seu diccionario. Porque, pensei eu, que as culleres estarán no cuarto de alguén.

A brasileira estaba na súa habitación. Estrañamente non tiña a música posta como a ela lle gusta facer arredor das 4 da mañá:

- Ai! Non sei…I don’t knowwww…Eu tamén quería tomar un xelado e non puiden porque non había culleres...

Logo, como bo Sherlock Homes, aínda que desconfiando da carioca, deducín que debería telos a rapaza de Singapur, Lisa.

- Nock, nock

- Nock, nock

Parece que non hai ninguén. Casualidade, mala sorte, pero algo tiña que levar á boca. Rebeirando nas cousas dos demais atopei unhas culleres de plástico na estantería de Lisa. Deixei unha nota na neveira preguntando sinxelamente “Where are all the spoons?” e marchei facer a miña xornada.

Ó mediodía, mentres estaba xantando, apareceu Lisa pola cociña.

- Oe, perdoa, ti sabes algo de onde se meteron as culleres?

- Non, que culleres? Respondeu ela cunha cínica sorpresa

- As que usas para comer muller, esas que normalmente hai na cociña.

- Ah, pois non sei…

- Deberon de voar, logo han de ser culleres voadoras, “spoon flyers”. Digo porque ninguén sabe onde están, é curioso.

- ha ha, I don’t know... contestou ela entre nervios e risa .

Alí estaba a confirmación do inédito para min. As culleres poden voar en Australia.

Gustaríame rematar aquí a historia, pero tamén quero aproveitar para contarvos que pasa ou pasou nesta casa. Resumindo, a experiencia con esta xente foi bastante mala. Xa non é a primeira vez que acontece algunha historia deste tipo. A convivencia faise difícil cando non se respectan as zonas comúns, engadíndolle a isto a convivencia cun maniático da limpreza. Faise difícil cando todo é falsidade e portas pechadas con chave. Faise moi difícil cando para que un compañeiro baixe o volume da música a norma é chamar ó propietario para protestar directamente. Cando a min me chaman porco, ou provocador de suciedade.

Recordade, así, que para levarvos ben cos vosos veciños, cando fagan unha festa chamade primeiro de todo á policía en vez de ir pedirlles que baixen o volume. Regra de ouro.

Supoño que eu tamén terei parte de culpa, non o sei. Aínda que nada máis que sexa por non intentar mellorar a situación, pero chegado a un punto… Hoxe, a día que escribo, recibiume unha nota esta mañá na neveira dirixida ós Dear Fuckers, asinada polo noso amigo xaponés Taishi. Non quero nin falar dela. Hai que marchar, non hai outra.

En todo caso, e afortunadamente, nunha semana voarei eu tamén como as culleres para outro lugar. Unha casiña preto da universidade, a 25 metros do Acuatic Centre da Universidade e rodeado de xente que coñezo e que vive nos, digamos “chalets adosados”. Non é ningunha marabilla de casa, aínda que a habitación en si está bastante ben, pero tamén pasarei a pagar de 200 dólares á semana a 155, unha rebaixa substancial no carísimo aluguer de Sydney. A verdade é que máis barato non se pode atopar, iso se non vas vivir a unha hora da universidade, ou se non fas un pequeno truco que xa vos contarei. Vivirei pegadiño á Universidade e sobre todo, e máis importante, con xente preto coa que falar e (con)vivir.

Aquí vai outra pequena curiosidade australiana. Un cubo de fregona que debe ser da época victoriana, tecnoloxía punta.