- O sábado vou ir facer a travesía da Sydney Harbour Swim
- Onde? – díxome a miña amiga Teall, que é de Sydney -
- Alí, na baía, de par da Opera House
- Ti estás tolo! Como vas nadar alí? Hai tiburóns!
Se estou tolo non o sei. Se había tiburóns tampouco. Se pensei neles si. Se apareceron non.
Do mesmo se falara naquel debut olímpico do triatlón que tivera lugar nese recuncho da baía, Farm Cove. E como as meigas en Galicia, habelos hainos. De todos xeitos eu tiña unha técnica preparada. Como con calquera animal, colleríao polo rabo e xa está. Ou non?
http://www.smh.com.au/national/bondi-shark-attack-second-strike-in-two-days-20090212-85zf.html
http://www.digitaljournal.com/article/264137
http://forum.prisonplanet.com/index.php?topic=85472.0
http://www.abc.net.au/news/stories/2010/02/11/2817019.htm?site=sydney
http://www.abc.net.au/news/video/2010/02/13/2818878.htm?site=tropic
A seguridade na auga é un tema moi serio para os australianos. Antes de comeza-la proba, o director da mesma, explicou que todo estaba baixo control cun humor australiano ben marcado. En todo caso, dicía el, de veren ós vixilantes en grandes táboas cos pés encol delas saberían de inmediato que tiñan algún problema (véxase tiburón).
Xa na auga, e malia te-los ollos afectados polo esforzo, puiden albiscar en cada respiración os Botanic Garden ou o skyline de Sydney rebordando rañaceos. Os tiburóns tornaron ser unha sorte de Santa Compaña. Nadaba rápido mais co tempo perdín a concentración. A competitvidade esvaceuse e adiqueime a gozar dunha experiencia única.
Depois da última boia, á volta, a Opera House apareceu en fronte de min. Saín da auga cunha satisfacción digna da mellor vitoria (só fun 8º, aínda que 1º en 20-24 anos).
Detrás de min quedou Farm Cove. Da auga saquei comigo o especial do momento. Sentinme profundamente afortunado ó darme conta de onde estaba realmente. Lembreime dos que terman ó lonxe das miñas costas coa súa man invisible e dinlle-las grazas por todo.
Que auténtica gozada! Intento imaxinar o que debía pasar pola tua cabeza desfrutando desa maneira dun dos sitios máis bonitos do planeta, e... tivo que ser unha pasada.
ResponderEliminarFiníííííísimo!
ResponderEliminarEntre carreira e carreira, se ves que che sobra algo de tempo, ponte un pouquiño ao sol, estás algo esbracuxado...
ResponderEliminartoro vs. tiburón !!!
ResponderEliminarEsbracuxado??
ResponderEliminar'Esbrancuxado', ben me entendiches... jeje
ResponderEliminarLeticia... permíteme que responda ó teu comentario. El non entendeu "enbrancuxado" non... el entendeu o que quixo.
ResponderEliminarSe buscas no diccionario da "Real Academia Albertística" atoparás a entrada "esbracuchado", cuxa acepción principal -e que el se está atribuíndo a si mesmo- podería ser: "musculoso. Que ten os músculos moi abultados e firmes. Fino".
Non che hai tolo sen idea que di miña avoa... cada un entende o que quere...
joer! yo pensé que la foto era un homenaje al David de Miguel Angel......jajaja
ResponderEliminar