jueves, 8 de abril de 2010

Great Barrier Reef

Supoño que estes días oiríades falar dun pequeno "Prestige" ameazando a Gran Barreira de Coral australiana. Imaxino tamén que todo o mundo oiría falar dela como unha das marabillas da Terra.
A verdade é que moito mundo me queda por percorrer. Pero, do pouco que levo visto, a Great Barrier Reef é sen dúbida un dos lugares máis incribles nos que estiven.
Nin o mal tempo, o mar picado, o mareo no barco ou os vómitos incontrolables, ningún deles me impediu saltar á auga e gozar deste paraíso submarino.
Non sei ata que nivel as fotos poderán transmitir as sensacións que experimentei, as cores e peixes que vin ou o mundo de soños feito realidade que se presentou diante de min.
Aínda non se sabe as consecuencias que pode traer ese negro "prestige" que ameaza o coral. Agardo que o resoplar xeral, que provoca na xente este lamentable accidente, axude a afastar a mancha negra da beleza pura.





O traxe este que levo é para evitar picaduras de medusas. Algunhas das que rondan a barreira son mortais, como a Box Jellyfish.


3 comentarios:

  1. Great Barrier Reef,... unha razón máis para voltar a ese continente amable e apaixoante.

    Cando un artigo sobre os volumes de adestramento agora que estás coa fiera??

    ResponderEliminar
  2. La classe, quoi! Vous vous ressemblez Vasco et toi...lol (http://www.vasco.oceanario.pt/)

    ResponderEliminar
  3. ¿hiciste amistad con algun tiburón (como los del artículo anterior)? :P

    ResponderEliminar